O Grove presenta a súa programación para o Día da Muller Traballadora

    O GROVE> E O Grove tamén quixo preparar a súa propia programación en colaboración co Centro de Información á Muller para chamar a atención sobre a problemática actual e tentar de avanzar por tanto na mesma.

    As actividades xa deron comezo o pasado 26 de febreiro coa exposición das Fotografías da Muller Traballadora que pode visitarse na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey. Outra das exposición que a partir do día 7 e ata o 19 de marzo se poderá visitar é “Ela é arte” que reúne obras elaboradas exclusivamente por mulleres na Sala das Cunchas do Concello. O xoves 10 presentarán o libro “A cor violeta dos polbos” xurdido do traballo realizado no colexio Valle Inclán e o venres 11 será a quenda do documental “Fíos Fora” Ademais de diferentes faladoiros durante todo o mes, o gran acto terá lugar o sábado 12 coa entrega dos Premios Meca 2016.