O PSOE tilda de ‘decepcionantes’ os orzamentos da Xunta

    psoeorzamentosxunta_100_301009.jpgBARBANZA> Xosé Manuel Lage e Xaquín Fernández Leiceaga botan en falla novas actuacións nesta comarca.

    {flowplayer}barbanza/psoeorzamentosxunta.flv{/flowplayer}

    Moi críticos. Así se amosaron esta mañá Xosé Manuel Lage e Xaquín Fernández Leiceaga ó valora-los orzamentos da Xunta de Galicia destinados á comarca do Barbanza. Este último referiuse ademais a dúas razóns fundamentais para pensar de que se tratan duns presupostos decepcionantes. Por unha banda a falla de compromiso do Goberno de Núñez Feijoo de mante-lo gasto social, tal e como prometera, e pola outra, o escaso investimento, a pesar dos niveis de endebedamento acadados, os máis altos da historia de Galicia, cifrado en dous mil millóns de euros.

    Decepcionantes

    En referencia clara a esta comarca, o deputado Xosé Manuel Lage, sinalou que estes presupostos non presentan nada novo e son contrarios ó que realmente pedía a cidadanía. Así referiuse ós recortes que se producen en Sanidade e Educación, así como tamén en materia Social. Lage puxo como exemplo o retraso que sufrirá a comarca de Muros Noia no desdobramento da conexión Santiago-Noia, que deixara moi avanzado o Goberno Bipartito ou a nula inversión destinada á creación de chan industrial, ó non respalda-los proxectos do parque empresarial de Porto do Son ou o macropolígono do Barbanza.

    Redacción Barbanza