Traballadores de EGARA piden a readmisión dos seus compañeiros

    mobilizacionegara.jpgRIBEIRA> Empregados e responsables na comarca do sindicato CIG concentráronse para reclamar a Sanidade unha solución ao conflito.

    Tras as mobilizacións diante do Parlamento de Galicia e a Consellería de Sanidade de días atrás e malia a convocatoria de xuntanza con responsables do SERGAS a vindeira semana, os traballadores de ambulancias Egara, que presta servizo de transporte sanitario non urxente nas comarcas de Barbanza e Muros-Noia, decidiron manter o calendario de concentracións para protestar polo despedimentos de sete empregados.

    {flowplayer}barbanza/mobilizacionegara.flv{/flowplayer}

    O conflito orixinouse cando a Consellería de Sanidade obrigou EGARA a reducir o número de traslados diarios a centros hospitalarios. Deste xeito a empresa veuse na obriga de reducir drásticamente o seu cadro de persoal.

    Dende o sindicato galego denuncian a actitude a Consellería de Sanidade, que non asumiu as súas responsabilidades, ao pechar en falso o conflito, contratando o servizo doutras empresas para cubrir a demanda, deixando de lado aos empregados que perderon o seu traballo

    Consideran que a Consellería de Sanidade non está actuando dacordo coa gravidade do asunto nin medindo as consecuencias que poden derivar da súa negativa a ampliar as contías destinadas a este servizo. Creen que a situación ven derivada por ter privatizado o servizo cos conseguintes prexuicios para usuarios e cadro de persoal, que se ve na obriga de soportar precarias condicións de traballo. 

     As mobilizacións continuarán namentras non se readmitan aos traballadores e non se cumpla o convenio colectivo.

    Redacción Barbanza