José Alfredo Bea, elexido novo presidente da FGP

piraguismo250_021109.jpgPONTEVEDRA> Fredi Bea é o novo presidente da Federación Galega de Piragüismo. O grovense foi o candidato máis votado onte an Asemblea Extraordinaria celebrada no Salón de Actos do Centro de Tecnificación Deportiva. Bea impúxose claramente a Santiago Sanmamed; obtivo 53 apoios polos 26 do pontevedrés.

José Alfredo Bea será o presidente da Federación Galega de Piragüismo canda menos durante os vindeiros dez meses, tempo de mandato que lle quedaba por cumprir a Modesto Teijeiro Valledor, que dimitíu do seu cargo este verán. A Asemblea Extraordinaria celebrouse onte pola mañá no Salón de Actos do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra. Alí concorreron representantes de clubes, deportistas, técnicos e árbitros que xerceron o seu dereito a voto por esta mesma orde.

Dos 83 apoios que había en xogo, e tras descartar un voto en branco e tres abstencións, a victoria foi a parar a mans do candiato grovense tras recabar 53 apoios polos 26 de Santiago Sanmamed, ex presidente da Federación Española ata hai escasos sete meses.

Tras un discurso dos candidatos e as votacións, a Xunta Electoral presidida por Álvaro Paz deu a coñecer o resultado. Sanmamed felicitou deportivamente a victoria do seu rival.

Bea agradeceu a confianza que nel depositaron tódolos presentes e asegurou que a partir de agora vaise falar tan só do estricamente deportivo, intentando unficar un piragüismo galego farto de episodios convulsos nos últimos tempos.

Redacción Salnés