AMICOS contará cun centro especial de emprego en 2010

    amicos_100_021109.jpgRIBEIRA> O responsable da Área de Benestar da Deputación da Coruña, Xosé Manuel Sande, visitou o centro ocupacional da Asociación AMICOS.

    {flowplayer}barbanza/amicos.flv{/flowplayer}

    A asociación AMICOS do Barbanza leva anos traballando por conseguir a plena integración das persoas con discapacidade intelectual. Ademais da actividade diaria que desenvolve no coidado e atención ós usuarios, un dos seus principais obxectivos é contribuír á formación e mesmo á inserción laboral destas persoas.

    Centro Especial de Emprego

    Actualmente ten en marcha un taller ocupacional no que se desenvolven obradoiros de serigrafía e impresión. Na planta superior está prevista a creación dunha lavandería que xunto cos viveiros nos que xa traballan varios usuarios constituiría un futuro centro de emprego.

    O responsable provincial da área de Benestar na Deputación tivo ocasión de coñecer máis de preto como traballan neste centro ocupacional, no que o ente provincial colaborou cunha achega de 36 mil euros. Unha partida que, de seguro, verase incrementada con novas axudas posto que a Deputación non pensa reducir os orzamentos en materia social a pesar das restriccións ás que obriga a difícil situación económica.

    Tamén a deputada barbanzá, Rosana Pérez, quixo achegarse a coñecer o labor de AMICOS e gabou a gran proxección destes talleres que xa contan con máis de cincuenta clientes.

    Novos proxectos

    Trala visita, os responsables provinciais mantiveron unha reunión coa dirección do centro quen lle plantexou os futuros proxectos nos que están a traballar como a cinstrución dunha residencia.

    Redacción Barbanza