![]()
RIBEIRA> Esta mañá solicitaron a intermedicación do alcalde, Manuel Ruíz, neste conflito para que a Xunta modifique a súa postura.
{flowplayer}barbanza/protestapolbeirosribeira.flv{/flowplayer}
Ó redor de medio cento de profesionais que se dedican á captura do polbo, pertencentes ás confrarías de Ribeira, Aguiño e Palmeira, concentráronse esta mañá diante da casa consistorial ribeiresa para mostrar a súa total indignación coa medida tomada pola consellería do Mar, a través da proposta da Federación de Confrarías de Pontevedra, que os obriga, como ós pósitos da zona sur da provincia, ó estar incluída a ría de Arousa ata Corrubedo, nesta zona, a retirar as nasas do polbo do mar durante as fins de semana.
Medida desproporcionada
A medida, que afecta a máis de cen embarcacións da zona, parécelles desproporcionada e síntense totalmente marxinados.
Novas mobilizacións
Os mariñeiros entregáronlle ó alcalde, Manuel Ruíz, un escrito no que solicitaban a súa intermediación ante a Xunta neste problema. No caso de que non haxa un cambio de postura, a flota polbeira de Ribeira non descarta emprender novas mobilizacións.
Redacción Barbanza









