Noia quenta motores para as festas de San Bartolomeu

NOIA> Todo listo en Noia para catro días de festexos patronais na honra de san Bartolomeu. Mañá ás dez, as bombas de palenque anunciarán o inicio das celebracións que terán ós cativos como protagonistas principais. A alameda acollerá durante toda  a mañá inchables e obradoiros para os máis pequenos. Á unha e media terá lugar o pistoletazo de saída coa lectura do pregón a cargo do actor e cómico Antonio Durán ‘Morris’. Xa pola noite, a París de Noia será a encargada de inaugurar a programación da verbena nocturna na alameda que contará, como cada ano, coas mellores orquestras de Galicia. Na praza do tapal terá lugar o concerto ‘La Edad de Oro del Pop Español’ con artistas como Pablo Perea, Joaquín Padilla, Chus Herranz o Miguel Costas. Trala primeira xornada festiva, a fin de semana reserva algúns dos pratos fortes como a procesión na honra de San Bartolomeu e a actuación estelar de Marta Sánchez previstas para o venres. O sábado tocaralle a quenda ós concertos de Tamara e Soraya e a actuación do DJ Henry Méndez. O domingo a mediodía terá lugar a xa tradicional festa da empanada e pola tarde celebrarase a misa e posterior procesión na honra de San Roque. A gran tirada de fogos de artificio e a actuación del Combo Domincano poñerán fin ós festexos que terán como traca final a Noite de Berros con David Amor, á unha da madrugada no Tapal.