O Club Olimpic triunfa no Open Cidade de Pontevedra

taekwondo250_041109.jpgSALNÉS> Estes días celebrouse o Open Internacional Cidade de Pontevedra de taekwondo. Nel participaron os deportistas do Club Olimpic de Vilagarcía, un total de 50 competidores que coma ven sendo habitual asinaron unha actuación excelente.

O Club Mace Sport organizou un ano máis o Open Internacional Cidade de Pontevedra de taekwondo,  un clásico xa dentro do calendario de competicións da Federación Galega.

Como tódolos anos o evento contou coa presencia de destacados deportistas nas modalidades de técnica, exhibición e combate. Foron un total de 900 os participantes dos cales 50 formaban parte do Club Olimpic.

Os vilagarciáns, como ven sendo habitual, asinaron unha actúación máis que destacada. No cómputo total do medalleiro acadaron cinco ouros, catro pratas e tres bronces.

Entre as victorias, en técnica Sandra Bouzas en infantil e Alicia Córdoba en cadete. Esta última tamén gañou en combate para menos de 48 kilos. Lúa Piñeiro tamén venceu en combate absoluta para menos de 67 kilos. A estas tres medallas hailles que sumar as acadadas polo grupo de exhición cadete, formado por nove taekwondistas.

Ademais, Selene Pérez, Iago Vicente, Paula Gómez e Susana Iglesias foron prata e Olivia Abalo, Antía Piñeiro e o equipo B de exhición cadete, bronce.

Por outra banda, esta fin de semana celebrarase en Vigo o Campionato de Europa sub 21, no que Raúl Bouzas, o campión de España do Olimpic, tentará asinar unha boa actuación. Outros campións nacionais, os do equipo de exhibición, actuarán na xornada inaugural do venres.

Redacción Salnés