RIBEIRA> A asociación de empresarios de Ribeira e os comerciantes da praza de abastos veñen de iniciar unha colaboración. Unha ducia de postos pasarán a formar parte da patronal como asociados.
A asociación de de empresarios e a praza de abastos de Ribeira inician un camiño común na busca dun mesmo obxectivo: a dinamización económica do municipio. Unha ducia de comerciantes do mercado integraranse na patronal para disfrutar das mesmas vantaxes que o resto de asociados e premiar a fidelidade dos seus clientes.
Dende o concello de Ribeira felicitaron a ámbalas dúas entidades pola creación destas sinerxias que contribúen a potenciar a praza de abastos no camiño xa iniciado para conseguir o distintivo de mercado excelente.
Novos servizos que buscan, todos eles, ofrecer ós clientes a maior garantía de excelencia e calidade.











