Os bombeiros sofocan un incendio nun edificio antigo ‘okupado’

    incendio100.jpgVILAGARCÍA> Os bombeiros do Salnés tiveron esta madrugada traballo abondo nun edificio antigo en Vista Alegre.

    {flowplayer}images/salnes/incendio_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> Os bombeiros do Salnés tiveron esta madrugada traballo abondo nun edificio antigo de Vilagarcía.

    Sobre a unha e media desta noite un veciño da zona avisou que estaba a ver fume dun inmoble abandonado da rúa Vista Alegre. O Servizo de Emerxencias 112 mobilizou ós bombeiros da subsede vilagarciá que constataron que o incendio tiña lugar na segunda planta do edificio, ó tempo que viron saír del a varios indixentes.

    As labores de extinción do lume prolongáronse ata as seis ou sete da mañá e a unidade de Vilagarcía precisou da axuda dos bombeiros do Salnés, que desprazaron unha autoescaleira. Segundo indicaron os bombeiros a CanalRiasBaixas, trátase dun edificio antigo, con construcións de madeira no seu interior polo que o lume provocou moito escombro.

    Os bombeiros tiveron que comprobar ademais se continuaba alguén dentro do inmoble, tarefa complicada xa que segundo indicaron o interior parecía un labirinto, cun colchón en cada recuncho e ademais o fume impedíalles ver os numerosos buratos que había no piso. As lapas non se apagaron ata as sete da mañá e logo inda continuaron as labores de desescombro.

    Sen embargo esta tarde, os bombeiros tiveron que volver ó mesmo edificio. Sobre as catro menos cuarto un veciño avisou que saía fume e constatouse que era un pequeno foco que se reavivou nuns escombros do tellado que se sufocou pronto. Afortunadamente non houbo que lamentar feridos, e o incendio non afectou a outros edificios da rúa. De momento descoñécense as causas que puideron orixinar este lume.

    Redacción Salnés