SALNÉS> Pola súa banda, o Delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, sinalou que se trata dunha medida de aforro transitoria.
{flowplayer}images/salnes/LIMITACION_VELOCIDADE.flv{/flowplayer}
O próximo luns entrará en vigor esta medida en tódalas autopistas e autovías do país. A velocidade pasará de ser dos habituais 120 quilómetros por hora a 110.
O obxectivo é conseguir un aforro dun 15% no consumo de gasolina e dun 11 no de diésel. O Delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, sinalou esta mañá, que se trata dunha medida transitoria.
E é que o certo é que na rúa, hai opinións contrapostas. Esta medida suporá o cambio nas sinais de tráfico e no sistema de multas. Por iso, a pesares de que a moitos lles parece unha boa alternativa para aforrar, outros consideran que só o fan para recadar fondos.
Aínda que a nova medida será comunicada por paneis luminosos e colocarán pegatinas sobre as sinais xa existentes, a maioría coincide en que será difícil adaptarse ó novo límite de velocidade.
Esta medida estará en vigor por un tempo aínda por determinar.
Redacción Salnés