Decenas de persoas gozaron do polbo e o churrasco no regreeso das Festas de Santa Marta

VILANOVA>  Ponte Arnelas xa goza do polbo e do churrasco pola celebración das festas de Santa Marta. A vila recuperou o seu tradicional festexo e no primeiro día xa se puido ver unha gran ambiente para saborear os seu produtos. A comida e as misas estarán complementarase coas actuacións das orquestras durante toda a fin de semana.

A penas comezara a festa de Santa Marta e o ambiente para degustar os seus produtos xa era numeroso. Decenas de persoas achegáronse esta medio día para gozar do regreso das festas de Ponte Arnelas. Veciños de toda a comarca pero tamén de fora da comunidade achegáronse á vila.

E é que o polbo e o churrasco son un gran reclamo para estas festas.

O secreto para que tanta xente queira gozar destes produtos, é a súa calidade.

Santa Marta é avogada do oídos e é tradición mollalas orellas para evitar ou mellorar os problemas de audición.

A festa tamén honra San Cayetano e Nosa Señora de Lourdes. A comida e as misas estarán acompañadas de música polas rúas e orquestras. A Ola And e Solara actuarán este venres, Grupo M80 e a disco móbil Chocolate o sábado e La Mecánica e La Fórmula o domingo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí