Traballo inviste 3,4 millóns en sies proxectos de formación e emprego

    andres_hermida100.jpgPONTEVEDRA> Un total de 139 desempregados máis 30 profesores participarán nos novos proxectos de formación e emprego

    {flowplayer}images/salnes/formacion_e_emprego.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> Un total de 139 persoas en situación de desemprego máis 30 profesores participarán nos novos proxectos de formación e emprego aprobados pola Xunta na provincia de Pontevedra.

    A partir de decembro botan a andar os obradoiros de emprego de Pontecesures, de Ribadumia, da Lama e da Deputación provincial, amais da escola obradoiro de Barro e dunha unidade de promoción na que colaboran a Xunta e a Deputación. A consellería de Traballo investirá nestas accións 3,4 millóns de euros.

    Na escola obradoiro de Barro haberá 29 alumnos menores de 25 anos, que recibirán formación teórica durante seis meses, nos que percibirán unha bolsa de 9 euros ó día, e logo terán un ano de traballo en actividades relacionadas coa recuperación ou promoción do patrimonio, cun salario de 468 euros ó mes.

    Os outros catro obradoiros de emprego permitirán a contratación de cen persoas maiores de 25 anos que serán contratados durante un ano cun salario de 936 euros mensuais. En Ribadumia os alumnos formaranse en construción – albanelería e en traballo forestal – xardinería e traballarán na reparación de fontes e lavadoiros e no acondicionamento de espazos públicos. En Pontecesures dedicaranse a enerxías alternativas, a xardinería e á construción. En canto ó da Deputación, centrarase na construción de mobiliario urbano para pistas deportivas e parques da provincia.

    Traballo e maila Deputación desenvolverán durante 2 anos unha unidade de promoción na que participarán dez persoas, que avaliarán proxectos futuros de formación e emprego. Os interesados en optar a estes programas teñen que estar inscritos no INEM e anotarse especificamente como demandantes destas iniciativas. A intención da Xunta é que atopen traballo o 75 por cento dos alumnos.

    Redacción Salnés