Samuel Lago advirte que si é posible construir o tanque de tormentas e insta a Vilanova a facelo

CAMBADOS> O alcalde de Cambados defende que o tanque de tormentas e a tubaxe que o une coa estación vilanovesa estarían fora do dominio público. Samuel Lago insiste en que o proxecto é posible e sería un paso moi importante para reducir as verteduras que se producen na zona. Lamenta que o concello de Vilanova e augas de Galicia non estean a favor de desenvolver esta parte do proxecto, á marxe do que se poida loitar no contencioso.

O alcalde de Cambados sae ao paso para defender o proxecto de construción do tanque de tormentas en Vilanova. Segundo Samuel Lago, tanto o tanque como a tubaxe que o uniría a estación vilanovesa están fora do dominio público, co que sería posible realizar esta parte do proxecto. O socialistas demostra así que as acusacións de Durán non son certas.

As declaracións nas que Durán acusaba a Lago de mentir foron durante a reunión mantida con augas de Galicia o pasado luns. Unha reunión da que o alcalde de Cambados lamenta que Vilanova e augas de Galicia non estean a favor de desenvolver polo menos o proxecto do tanque de tormentas.

Samuel Lago indica que un bateeiro propuxo na reunión modificar o trazado do colector para que non entre en dominio público. Unha medida que convence ao rexedor cambades. Lago entende a denuncia do contencioso pero pide seguir traballando debido ao retraso que suporá o proceso xudicial.

Outra opción que da o alcalde cambadés e aproveitar os cartos do proxecto para mellorar as canalizacións de auga, separando as fecais e permitindo liberar á estación de bombeo.

Cambados apoiará a Vilanova no contencioso aínda que non poida presentarse como parte, defendendo que o proxecto do colector entre ambas vilas é moi necesario. Samuel Lago tamén indica que as negociacións con Costas están pechadas, e que a propia administración lle indicou que xa no 2021 advertiran a augas de Galicia que o proxecto non sería viable por ese trazado.