Aquagest tenta reducir as emanacións da rede no centro de Ribeira

    cheirosribeira_100_041109.jpgRIBEIRA> Os malos cheiros derivados dos vertidos na rede de saneamento seguen a ser unha constante na rúa General Franco de Ribeira.

    {flowplayer}barbanza/cheirosribeira.flv{/flowplayer}

    Os comerciantes das inmediacións do parque García Bayón e da rúa General Franco levan máis dun ano denunciando os problemas de vertidos na rede de saneamento.

    Problemas de saúde

    Ós malos cheiros que emanan da rede xeral hai que engadir os efectos nocivos dos residuos xa que se teñen chegado a producir reaccións alérxicas entre os afectados.

    O problema non é novo e Aquagest xa ten efectuado numerosas intervencións na busca de posibles fallos na rede. Estes días, os técnicos están a realizar unha nova actuación nas tubaxes procedendo ademais á súa limpeza para minimizar o problema dos cheiros. Trátase dunha solución temporal mentres non se acomete a actuación comprometida pola Consellería de Medio Ambiente para o separativo dos residuos industriais que podería ser unha realidade en maio de 2010.

    Mentres tanto, os afectados esixen que se lles dea unha solución efectiva que minimice as molestias que teñen que soportar practicamente a diario e que supón un importante prexuízo para os seus negocios.

    Redacción Barbanza