O Hospital Único divide á provincia segundo as cores políticas

    telmo_martin100.jpgPONTEVEDRA> O portavoz do PP local, Telmo Martín, acusa ó alcalde de Pontevedra de antepoñer os intereses partidistas do BNG ó beneficio dos cidadáns.

    Segundo Telmo Martín, os ediles do Psoe e do BNG que se reuniron onte para opoñerse á construcción dun Hospital Único en Pontevedra son incoherentes porque rexeitan un plan que o bipartito non xestionou en tres anos e medio e que o PP, resolveu en menos de seis meses.

    Martín tamén acusou ó alcalde de Pontevedra. Miguel Anxo Fernández Lores, de ir en contra dun proxecto bo para os veciños por atender ós intereses partidistas do BNG.

    O portavoz local do PP asegurou que o Hospital único que plantea a consellería de Sanidade supón 82 camas máis que a ampliación de Montecelo, 6 novas unidades médicas e 180 millóns de euros en investimento.

    A Xunta de Galicia vén de declarar os terreos do Monte Carrasco, en Marcón, un terreo supramunicipal coa fin de ubicar alí o novo Hospital único. ¨

    O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Xosé Manuel Cores Tourís, convocará á comunidade de Montes de Marcón a unha xuntanza na vindeira semana para analizar o proxecto.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/telmo_martin.flv{/flowplayer}