RIBEIRA> A Policía Nacional realizou unha operación contra o tráfico de drogas e o ‘menudeo’ no coñecido coma barrio do Pombal, en pleno casco urbano.
O operativo saldouse con cinco detencións. Ademais procedeuse tamén ó rexistro de varias vivendas e un piso nas rúas Romero Ortíz e Cervantes. Os axentes incautaron unhas 150 papelinas de droga, con cocaína e heroína, así como tamén uns 1.500 euros en metálico.
Tódolos prendidos, que están acusados de delitos contra a saúde pública, contan con antecedentes anteriores por causas similares. Está previsto que pasen nas próximas horas a disposición do xulgado.