A comunidade educativa do CEIPP de Outes mobilízase para evitar novos recortes no centro

OUTES> A maioría deles afectarán ó equipo docente. Alomenos tres profesores en primaria e infantil e a praza de coidadora, así como que o orientador do centro pasará a ser compartido con outro colexio.

A comunidade educativa do CEIPP de Outes mobilízase para mostrar o seu total rexeitamento coas políticas de recortes impulsadas dende a consellería de Educación, que prevén a supresión de varias prazas de profesorado neste colexio para o vindeiro curso escolar. Algo que os pais non entenden, xa que a matrícula apenas baixa en tres alumnos.

Esta mañá unha representación de pais mantivo unha xuntanza co Xefe Territorial, Indalecio Cabana, para abordar a situación no centro e estudar posibles cambios. Antes de luns daralles unha resposta.

Os pais agardan a que se produza unha reconsideración da medida, aínda que non as teñen todas consigo. Polo de agora, decidiron seguir adiante coa concentración, prevista para esta mesma tarde, e continuarán coa recollida de sinaturas. De non obter unha resposta positiva por parte de Educación nas súas reivindicacións de manter a calidade do ensino no colexio non descartan seguir adiante con novas medidas de presión.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí