O TSXG rexeita a solicitude dunha indemnización ó Sergas por unha presunta mala praxe nun parto

BARBANZA> O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirma a sentenza ditada no seu día polo Xulgado do Contencioso-administrativo número 2 de Santiago, rexeitando así o recurso presentado polos pais que reclamaban unha indemnización de 125.000 euros ó Sergas por, ó seu entender, un deficiente funcionamento dos seus servizos durante a asistencia prestada no hospital do Barbanza no parto do seu fillo.

Os maxistrados do alto tribunal galego entenden que non hai visos dunha asistencia incorrecta ó parto.

Así sinalan que o control do embarazo foi acorde ós protocolos establecidos, tanto no período inicial do parto como no expulsivo.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sinala tamén que o emprego da ventosa e do fórceps coma instrumentos de extracción do feto foron axustados á situación exposta en cada momento e que as lesións sufridas polo bebé, por óptimo que sexa o manexo do instrumental, non sempre son evitables.

Aínda así na sentenza os xuíces afirman que non houbo mala praxe e que as fracturas cranial e da clavícula que padeceu o recén tampouco lle deixaron secuelas de ningún tipo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí