O Fontecarmoa prepara o seu Torneo social junior 2009

xadrez250_051109.jpgVILAGARCÍA> Mañá dá comezo en Vilagarcía o Torneo Social Junior 2009 de xadrez, organizado polo Club Fontecarmoa. Celebrarase nas aulas da Casa da Xuventude e nel daranse cita preto de 75 xogadores dende categoría promesa ós xuvenís.

O venres pola tarde e durante toda a xornada do sábado celebrarase na Casa da Xuventude de Vilagarcía o Torneo Social Junior 2009 do Club Xadrez Fontecarmoa.

Agardan unha participación bastante numerosa, en torno os 75 xadrecistas, todos eles das categorías base do club, que comprenden dende os xuvenís ata os máis pequenos, os promesas.

O campionato disputarase polo sistema suizo a oito roldas. As partidas darán comezo ás 18:00 do venres e reanudaranse o sábado pola mañá, cun horario de 11 a 19 hrs., hora na que se fará entrega dos trofeos e regalos ós primeiros clasificados, donados pola Casa de Xuventude e Limpiezas All Cleaning.

Esta competición interna servirá como penúltima referencia para os técnicos de cara cara a ultimar a confección dos quince equipos que o Fontecarmoa presentará na liga a partir do vindeiro mes de xaneiro. O club márcase o obxectivo para o vindeiro ano de manter a categoría na maioría de divisións posibles, xa que a temporada pasada acadaron catro ascensos.

A vindeira cita do Club Xadrez Fontecarmoa será o Social Absoluto no que xa participarán tódolos xogadores maiores de 18 anos e os mellores deste torneo junior.

Redacción Salnés