Portos espera adxudicar o pantalán de cerco antes de 2010

    portos100.jpgCAMBADOS> Portos de Galicia espera adxudicar antes de final de ano a II fase do pantalán para embarcacións do cerco, en Tragove.

    {flowplayer}images/salnes/porto_cambados.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> Portos de Galicia espera adxudicar antes de final de ano as obras da segunda fase do pantalán para embarcacións do cerco, no porto de Cambados. O anuncio da licitación xa saíu esta semana publicado no DOG, cun prazo de execución de tres anos.

    O presidente de Portos visitou esta mañá Tragove e lembrou que houbo que modificar o proxecto tras atoparse unha bolsa de fango nos fondos durante a primeira fase. O anunciou foi aplaudido polo concello e pola confraría. Este novo pantalán dará ademais abrigo para a liña de atraque na lonxa. A el tamén se trasladará a gasolinera que está actualmente no pantalán para embarcacións mexilloneiras. Outra instalación que acaba de estrearse. O patrón maior cre que con estas instalacións a flota cambadesa quedará ben organizada.

    En Tragove tamén contan xa cun novo pantalán de pasaxeiros. O presidente de Portos explicou que a Xunta aposta por aumentar o tráfico de rías e asegura que hai operadores interesados en traballar en Cambados. Para o Concello é unha instalación importante para o sector turístico.

    Outra novidade é a posta en marcha desde hoxe nos portos de Tragove e San Tomé da rede wifi, un plan piloto da Xunta que permite á comunidade portuaria establecer conexión a internet sen fíos. O presidente de Portos adiantou nesta visita que a Xunta traballa xa noutros proxectos de Cambados como as comportas do Saco de Fefiñáns ou a reordenación da fachada marítima.

    Redacción Salnés