PSOE e BNG arrebatan ós populares a alcaldía de Porto do Son

    mocioncensurason_100_061109.jpgPORTO DO SON> PSOE e BNG presentaron no rexistro do concello unha moción de censura contra o actual alcalde do PP, Manuel Tomé.

    {flowplayer}barbanza/mocioncensurason.flv{/flowplayer}

    Tras meses de longas negociacións e incontables rumores sobre unha hipotética moción de censura, finalmente PSOE e BNG chegaron a acordo para asinar un pacto de goberno.

    Segundo explicaron os voceiros das dúas formacións , houbo dous motivos de peso que lles levaron a presentar finalmente esta moción de censura: a incapacidade do actual goberno e o pouco peso do concello de Porto do Son nos orzamentos da Xunta.

    Reparto de funcións

    Polo momento, non está concretado como se van repartir as distintas áreas no novo goberno aínda que se manterá o número de dedicacións exclusivas, nas catro que existen na actualidade.

    O BNG asumirá a portavocía mentres que o socialista Xoán Pastor Rodríguez perfílase como futuro alcalde do Son. O pleno celebrarase o próximo día 18 de novembro, ás doce da mañá. Socialistas e nacionalistas agardan contar na votación co apoio dos dous edís das formacións independentes, en coherencia coa postura que viñeron mantendo con respecto á xestión do goberno municipal.

    Sexa como sexa, os edís de PSOE e BNG contan coa maioría sufieciente para asumir o goberno aínda que a súa intención é dialogar e consensuar os asuntos municipais con tódolos grupos da corporación.

    Iniciativa dos socialistas

    Segundo confirmaron os representantes das dúas formacións, as negociacións comezaron a iniciativa do PSdeG, promovidas especialmente polo anterior cabeza de lista dos socialistas nas municipais, Ramón Quintáns. Detalle a ter en conta posto que, dende un principio, a condición do BNG para asinar un pacto de goberno era que Quintáns non asumira a alcaldía.

    Pola súa banda, o actual alcalde, Manuel Tomé, declinou facer declaracións ó respecto.

    Redacción Barbanza