Aprobados os orzamentos da Pobra a pesar do voto en contra do PP

A POBRA> A corporación pobrense aprobou esta mañá os orzamentos para o presente exercicio. As contas ascenden a preto de 11 millóns de euros, millón e medio máis ca o pasado ano. O PP votou en contra cualificando a proposta de irreal e irresponsable.

O salón de plenos da Pobra acollía este mediodía unha sesión extraordinaria para aprobar os orzamentos municipais. Ascenden a preto de 11 millóns de euros o que supón un incremento do 18 por cento e arroxan un resultado equilibrado, cun nivel de endebedamento moi por baixo do límite legal permitido.

Algunhas das partidas que experimentan maior suba son Deportes, Benestrar Animal, Obras, Servizos Sociais ou Urbanismo. 

Estes argumentos non convenceron á oposición que cualificou o presuposto de decepcionante, irreal e irresponsable. A pesar do voto en contra dos populares, a proposta saíu adiante co apoio dos catro grupos que conforman o goberno.