A carreira popular ‘Mar de Boiro’ terá lugar o domingo 4 de decembro

BOIRO> O domingo 4 de decembro terá lugar a dezasete edición da carreira popular Mar de Boiro. 15º Memorial a Pepe Buceta.

A proba, organizada polo Concelo, forma parte dos circuítos de carreiras da Deputación da Coruña e Barbanza Arousa, e está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo.

O percorrido da carreira será pola rúa Principal, transcorrendo posteriormente pola avenida de Compostela en dirección a praia Xardín. Continuará logo polo paseo marítimo de Barraña ata o Saltiño e chegará ata Mañóns, para regresar de novo a Boiro, onde estará instalada a liña de meta, na rúa Peonil.

Os interesados poden realizar a correspondente inscrición a través da web de emesports. O prazo remata o xoves 1 de decembro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí