O concello da Pobra inicia o acondicionamento da planta baixa da escola da Angustia

POBRA> Esta mañá iniciábanse as obras de acondicionamento da planta baixa da escola unitaria da Angustia. A actuación, que conta cun orzamento duns 22 mil euros, vai con cargo ós orzamentos municipais deste ano.

O alcalde e a edil de Educación supervisaban esta mañá o inicio das obras de reforma na escola unitaria da Angustia. O proxecto prevé o acondicionamento das dúas aulas da primeira planta.

A actuación estaba pendente de iniciarse, unha vez realizada a reforma na planta superior, que permitiu acondicionar este espazo, ademais da escola, para uso veciñal coma centro social.

Dende o Concello confían en que as obras, cun investimento duns 22 mil euros, poidan estar rematadas xa este Nadal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí