Excavaciones Vilariño faise co Premio Xoven Empresario 2009

    aje100.jpgPONTEVEDRA> Excavaciones Vilariño Deza SL foi a gañadora do premio Xoven Empresario 2009, convocado por AJE Pontevedra.

    {flowplayer}images/salnes/premios_aje.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> Excavaciones Vilariño Deza SL foi a gañadora do premio Xoven Empresario 2009, convocado pola Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra. O emprendedor gañador dos 6.000 euros foi José Vilariño Penas. Hai seis anos quedouse no paro e decidiu por en marcha a súa empresa, que na actualidade xa ten 180 empregados.

    AJE tamén deu dous accésits ás firmas Rei Zentolo S.L., de deseño e moda e a Bernárdez Souto S.L., de instalacións eléctricas. A asociación de Jóvenes Empresarios busca con estes premios recoñecer a vocación empresarial e o achegamento dos mozos ó mundo laboral. Tamén houbo tempo para homenaxes. Nesta edición AJE distinguiu a traxectoria empresarial do empresario Andrés Quintá, de Valga.

    Os premios entregáronse durante unha cea celebrada o venres en Pontevedra, na que entre outros participaron os conselleiros de Presidencia e Facenda, o presidente da Deputación e o alcalde de Pontevedra.

    Redacción Salnés