O Sanxenxo dobrega no derbi a un Arousa en horas baixas

futbol250_091109.jpgSALNÉS> Os de Calucho aproveitaron os erros visitantes en defensa para sentenciar un partido gañado dende a defensa. Na Terceira, derrotas previsibles de Céltiga e Vilalonga ante Fabril e Coruxo, respectivamente.

A xornada na Terceira División deixounos dúas derrotas de Céltiga e Vilalonga. Os celestes caeron onte pola mínima na súa visita ó Coruxo, 1-0, e romperon así coa xeira de sete partidos sen perder que levaban. Foi un partido semellante ós de comezo de temporada cun xogo conbinativo dos de Gabi Leis, pero pouco efectivo arriba. Foron mellores pero non foi suficiente; decidíu o gol acadado por Antúnez no primeiro minuto de xogo no que colaborou un desacertado Roberto Pazos.

Mesmo resultado para o Céltiga, que caeu o sábado por 1-0 ante o líder Depor B, tamén deixando moi boa imaxe pero sucumbindo ante a pegada local. Dúas derrotas por tanto, que entraban dentro do previsto porque se produciron ante dous dos máximos favoritos a xogar a fase de ascenso pero que doeron porque se cadra mereceron máis. Tanto Céltiga como Vilalonga quedan en metade de tabóa, os da Illa con 17 puntos, novenos, e os celestes con 14, no undécimo posto

Na Preferente Sur, o Sanxenxo deu onte a sorpresa e venceu con claridade ó Arousa (2-0) no derbi da xornada. Un partido no que os locais souberon sacarlle o mellor rendemento ás súas oportunidades de gol e no que os visitantes levaron o peso do xogo pero non atoparon espacios na gran defensa armada por Calucho. Diego Blanco aproveitou no minuto nove un regalo da defensa arlequinada para facer o primeiro. Pese ós intentos dos de Ricardo por empatar o encontro, non dispuxeron de moitas ocasións para facelo. Cando xa morría o partido Cuchi asinou o segundo, e colocou o 2-0 final no taboleiro de marcas. O Sanxenxo sae así dos postos baixos da táboa e sitúase nunha situación máis tranquila mentres que o Arousa alónxanse unha semana máis do grupo de cabeza.

Gran victoria do Portonovo en Baltar ante un rival dos de arriba, o Pontellas. Fíxoo pola mínima, 1-0, ó aproveitar ó máximo un gol de Nacho á media hora de xogo. Pese a sufrir na segunda metade os de Rial aguantaron o tipo para levarse os puntos e colocarse séptimos na xeral. O equipo está amosar unha gran melloría nas últimas semanas sobre todo no aspecto defensivo xa que tan só recibiron dous goles nos últimos cinco encontros.

Na zona quente da táboa, preto do descenso quédase un Cambados que onte caeu co Arenteiro por 2-3, nun dos mellores partidos dos de Carregal deste ano. Puxeron o fútbol e as ocasións pero faltoulles o puntiño de sorte que tiveron os de Carballiño para estar máis acertados e levarse a victoria final. Álex Cubas fixo os dous tantos locais dun choque con moitas alternativas no marcador.

Por úlitmo o Ribadumia recibíu un duro golpe onte na Gándara tras perder ante un rival directo pola permanencia como o Caselas por 3-0. Un resultado quizáis demasiado abultado pero que reflexa a diferencia de pegada dun equipo e outro. Os de Carducho conitnúan en zona de descenso.

Redacción Salnés