EVASA e E-Monte premiadas como mellores iniciativas empresarias da provincia

    A CORUÑA> O certame, promovido pola Deputación da Coruña, pretende fomentar o emprendemento e potenciar as empresas coruñesas. Representantes da vida política e empresarial de toda a provincia déronse cita este pasado venres na Finca Montesqueiro, en Oleiros, no acto de entrega de galardóns da I Edición dos Premios ás Mellores Iniciativas Empresariais que promove a Deputación da Coruña. No certame, ó que se presentaron un total de 70 firmas, resultaron gañadoras a EVASA e E-Monte que recibiron cada unha delas un premio de 25 mil euros. A primeira delas, asentada no concello de As Pontes, foi galardoada coma a Mellor Iniciativa Empresarial Consolidada. A outra empresa premiada foi a compostelá E-Monte, gañadora na categoría de empresas novas de menos dun ano de antigüidade. O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou a importancia destes premios, enmarcados no Plan de Emprego Local, que buscan fomentar o traballo e o esforzo emprendedor. O presidente do organismo provincial fixo alusión tamén á importancia de seguir apostando por este tipo de iniciativas que agarda poida medrar en recursos no exercicio presupostario do do ano que vén, mellorando as capacidades do sector empresarial de toda a provincia, tanto da empresa consolidada como tamén daquela de recente creación.