Cambados destaca como mellor rexión enogastronómica de Europa

    ceuco2_100_091109_copia.jpgCAMBADOS> O alcalde Luís Aragunde recibíu este premio Aurum no marco do VII Congreso de Confrarías Enogastronómicas, que resultou todo un éxito.

    {flowplayer}images/salnes/091109_CEUCO.flv{/flowplayer}

    O sábado ás dez da mañá botaba a andar a sétima edición do Congreso Europeo de Confrarías Enogastronómicas. Por diante,unha intensa fin de semana dedicada á exaltar os produtos do mar e os viños na cociña tradicional. Máis de 700 congresistas chegados de doce países diferentes se deron cita en Cambados para promover o seu bo facer culinario, e reafirmar o compromiso de seguir defendendo as tradicións gastronómicas e vinícolas dos devanceiros.

    Tralas conferencias iniciais coas que abría o Congreso, deuse paso á entrega dos premios Aurum á excelencia enogastronómica, que recoñecen nas súas distintas categorías a restaurantes, empresas agroalimentarias, adegas así como entidades e persoeiros que destacan no mantemento do patrimonio cultural, histórico e gastronómico dos seus países. Salientar que varios dos galardóns quedaron en Galicia, e concretamente en Cambados. A Deputación de Pontevedra fíxose co Aurum á promoción enogastronómica, a adega cambadesa do Pazo de Fefiñans foi recoñecía na categoría de viños e José Manuel Cores Tourís, delegado da Xunta en Pontevedra e un dos organizadores do Congreso, recibiu o premio Aurum de Honra. Ademais, este ano por primeira vez, o xurado decidiu distinguir á rexión enogastronómica do 2009, recoñecemento que recaeu en Cambados. Como peche do acto, desvelouse o nome da cidade que tomará o testemuño de Cambados na organización do oitavo congreso. Será en Burdeos, Francia, onde xa descansa o bastón de mando.

    Ó peche do Congreso, os preto de 700 participantes trasladáronse á Sala de Exposicións José Peña para degustar unha mostra dos produtos traídos por cada unha das delegacións. Expectación especial causou a demostración culinaria feita polos representantes de Xapón, o país convidado este ano. A xornada remataba cunha cea de gala na Adega Martín Códax para no domingo, trasladarse a Santiago de Compostela, onde finalizou o Congreso co desfile polas rúas da cidade e a asistencia á Misa do Peregrino.

    Redacción Salnés