O CRA de Rianxo en perigo de extinción

RIANXO> A comunidade educativa do CRA de Rianxo vén de iniciar unha serie de actos de protesta ante os recortes no profesorado e en aulas previstos pola consellería de Educación para o vindeiro curso. O primeiro deles terá lugar o vindeiro 5 de novembro cunha concentración na praza do Concello.

Así de enérxicos e de rotundos se mostran os nenos de infantil e primaria da Capela. Esta escola sería unha das damnificadas do CRA de Rianxo se os recortes previstos pola consellería de Educación para o vindeiro curso van adiante. Algo que nin os profesores nin os pais están dispostos a consentir.

Aínda que polo de agora non teñen confirmación algunha por parte da Consellería, temen que os malos augurios vaian adiante, polo que van iniciar unha serie de mobilizacións. A primeira delas xa o vindeiro 5 de novembro.

Aínda que non todas as escolas do CRA se verían afectadas, entenden que a loita é de todos. E desa unión depende o seu futuro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí