PORTO DO SON> Un deses cambios anunciados hoxe polo comité clínico é precisamente que o municipio sonense volverá o vindeiro luns a nivel medio. A boa evolución epidemiolóxica dos últimos días permitiu a toma desta decisión.
Dende esta pasada madrugada Porto do Son está pechado perimetralmente. Convértese así no único municipio da zona do Barbanza e Muros-Noia que se atopa no nivel máximo de restricións. Polo que os veciños do municipio non poderán saír do Concello, a non ser por unha causa xustificada.
Aínda así esta situación non se prolongará por moito tempo. Apenas durará tres días, xa que o comité clínico anunciaba este mediodía que a boa evolución epidemiolóxica permitirá que o municipio volva ó nivel medio a partir do luns, no que tamén están o resto de concellos da zona.
Un novo cambio nas medidas que tampouco está a axudar a hostalería…
Durante a xornada de hoxe e tamén mañá estase a realizar no hospital do Barbanza un cribado a uns 2.200 veciños na franxa de idade comprendida entre os trinta e os cincuenta anos para localizar a posibles asintomáticos.