Os amigos de Cristian aseguran que non se puido defender

    xuizo_cristian100.jpgPONTEVEDRA> Continúa na Audiencia Provincial de Pontevedra o xuízo polo asasinato do mozo da Illa Cristian Willisch. Hoxe declararon as testemuñas do suceso, … 

    … acontecido en setembro de 2007, diante dun bar de Vilanova.

    Os amigos do falecido, cinco mozos, tamén da Illa aseguraron que Cristian non tivo oportunidade de defenderse e que foi atacado de forma súbita. Negaron tamén que houbera unha pelexa, como argumentou onte o principal acusado, Antonio Pouso, alias O Cuco. Os amigos de Cristian cuestionaron a estratexia do avogado defensor, que falou de que houbo provocación e que o presunto autor da coitelada reaccionou sen querer.

    Para estes mozos, ninguén parecía bébedo aquela noite e dixeron que o Cuco estaba malhumorado porque o porteiro da discoteca non lle deixara entrar.

    Redacción Salnés