SALNÉS> Facemos repaso á xornada no tenis de mesa tanto nas divisións nacionais como nas autonómicas. De destacar é a actuación do Establecimientos Otero, que no seu dobre desprazamento a terras catalanas colleitou unha victoria e unha derrota.
Non foi malo o balance do Establecimientos Otero na última xornada disputada na División de Honra Nacional. Unha derrota e un triunfo que entraban dentro do previsto.
Comezaron perdendo ante o Borges o sábado, 4-2. O seu rival conta os seus partidos por victorias polo que o tropezo foi máis que xustificado. Unhas das claves do encontro estivo na derrota no primeiro partido de Liu Junhui ante o seu compatriota Chao Zhang. O chino do conxunto cambadés arrastrou problemas estomacais durante toda a fin de semana que mermaron o seu potencial. Tamén contribuíu a gran actuación de José Luis Andrade que se impuxo a Adrián Vidal e Eduardo Barreiro.
Xa no domingo ante o Igualada cambiou a decoración e venceron por 2-4, tamén nun encontro en xeral moi equilibrado. A regularidade no xogo de tódolos compoñentes do equipo foi crucial.
Na xeral están situados nunha cómoda sexta posición e con menos partidos disputados aínda que o resto de equipos do seu grupo., Agora tocaralles de novo descansar quince días ata o seguinte desprazamento tamén a Cataluña .
En Primeira Nacional Masculina o Liceo Casino de Vilagarcía cumpríu cos pronósticos e venceu ós cambadeses do Caixanova por un contundente 1-5. Aínda así, o resultado final non reflicte a igualadade que houbo en cada un dos partidos nos que decidíu a maior confianza dos visitantes á hora de remontar marcadores adversos.
Nas ligas autonómicas, en Primeira o Grupo Barros venceu en Lalín por 1-6; o Charol Complementos caeu na cancha do Vincios por 4-3 e ante os seus compañeiros do Joyería Enrique por un claro 0-7.
En Terceira Galega o Chinelas impuxóse con comodidade ós grovenses do Porto Meloxo por 1-6.
Na Primeira Nacional Femenina o Caixa Galicia Cambados descansou.
Redacción Salnés