Rematan as obras de mellora do pavillón de Ribadumia

RIBADUMIA> A alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña, xunto co presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán inauguraron a rehabilitación do Pavillón Polideportivo Municipal. O proxecto contou cun investimento de 200.000 euros, financiados conxuntamente entre a institución provincial e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

{flowplayer}images/salnes/pavillonRibadumia_290610.flv{/flowplayer} 

Remataron as obras de rehabilitación do pavillón de Ribadumia. No interior do polideportivo os traballos consistiron en modificar a forma da cuberta para evitar a acumulación de auga, e instalar grandes ventiladores para evitar as humidades procedentes do solo. No exterior, a fachada do pavillón modernizouse acorde con outros edificios do entorno revestíndoo con pranchas. No lateral instalouse unha porta de servizo, mentres que na entrada principal incluíronse dous porches de acordo co aforo do pavillón.

Tamén se melloraron os accesos, co aglomerado en quente da pista, así como a imaxe da entrada, co axardinamento da zona. Asimesmo, creouse un local social que será utilizado polo Club Deportivo Ribadumia.

Trala inauguración das instalacións, os asistentes puideron disfrutar da exhibición dos alumnos da Escola Municipal de Patinaxe, que amosaron sobre a pista do pavillón a técnica e os exercicios aprendidos durante o curso escolar.

Redacción Salnés