Uns trescentos corredores participarán este domingo no Trail da Cidá

BOIRO> Será a primeira das catro probas das que consta o Arousa-Revolutrion Trail Series 2018.

Este próximo domingo  coa disputa do Trail da Cidá en Ribeira arrancará unha nova edición do Arousa –Revolution Trail Series. A cita, organizada pola asociación Arousa Natureza e Ocio e a Mancomunidade de Municipios Arousa Norte forma parte da liña estratéxica da entidade supramunicipal de cara a conseguir atraer a máis turistas á comarca, fundamentalmente en tempada baixa.

Para esta primeira proba agárdase unha participación próxima ás trescentas persoas, unha cifra moi similar á de anos anteriores. Terá un percorrido duns catorce quilómetros, con saída e chegada na propia praza do Concello de Ribeira.

O resto do circuito estará formado polos trails de San Isidro na Pobra, o día 18 de febreiro; Bealo en Boiro, o 11 de marzo, e Castro Barbudo en Rianxo o 8 de abril. Pechará o Ultratrail do Barbanza, fixado para o 29 de abril. Cunha novidade este ano. Ás tres distancias, de 20, 35 e 60 quilómetros uniráselle tamén unha andaina. Para máis información os interesados poden consultar a páxina web www.trailseries.run.