Boiro contará cun módulo de formación en hostalería

    visitavillamar_100_121109.jpgBOIRO> O vicepresidente da Deputación da Coruña visitou as obras da escola de hostelería que se está a acometer no viveiro de empresas de Espiñeia.

    {flowplayer}barbanza/visitavillamar.flv{/flowplayer}

    O centro de formación que se está a construir no polígono de Espiñeira, en Boiro, con cargo ós fondos do Plan E comeza a encherse de contidos. Grazas ás subvencións da Deputación da Coruña vaise poñer en marcha un módulo de hostalería.

    O obxectivo é facilitar o acceso ó mercado do traballo a través dunha axeitada formación ó mesmo tempo que se contribúe a mellorar o servizo hostaleiro na comarca a través de traballadores cualificados.

    O vicepresidente da Deputación da Coruña, Pablo Villamar, acompañado da deputada provincial Rosana Pérez, visitou esta mañá o concello de Boiro para dar a coñecer o proxecto. O arquitecto redactor expuxo as principais caracterísitcas da futura escola que ademais das aulas e a área de administración contará cun taller de cociña dividido en varios apartados.

    A Deputación destinará 128 mil euros para equipamento destes módulos entre mobiliario e electrodomésticos, 185 mil para acondicionamento das instalacións e 111 mil para compra de material que se encargarán de elaborar os alumnos do obradoiro de emprego.

    Novos pasos

    Unha vez que se dote ó sector do complemento que precisaba na área formativa, a Deputación pretende seguir apostando por fórmulas de promoción que se integren as distintas administracións e a iniciativa privada.

    Ademais deste proxecto, a Deputación está a colaborar con outras actuacións como a rehabilitación da escola unitaria do Esteiro ou as melloras no centro sociocultural de Abanqueiro.

    Redacción Barbanza