LOUSAME> A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, xunto coa alcaldesa, Teresa Villaverde, achegáronse ata a farmacia de Tállara, da que é titular Valentina Domínguez, un dos 24 negocios da comarca que resultou beneficiario durante o pasado ano 2024 do Bono Enerxía Peme.
Neste caso a axuda foi destinada á renovación dos equipos de iluminación interior e da climatización, unha actuación que lle supuxo unha rebaixa significativa da factura eléctrica, en máis dun 50%.
Tanto a delegada Xunta como a propia alcaldesa, aproveitaron a visita para animar ós negocios da zona a solicitar este tipo de achegas.
O prazo de solicitudes desta xa quinta convocatoria do Bono Enerxía Peme da Xunta estará aberto ata o 25 de xuño, cun orzamento total de 2,5 millóns de euros.











