![]()
PORTO DO SON> O actual alcalde sonense despediuse dos veciños nun emotivo acto que se celebrou na casa da Cultura da localidade.
Máis de trescentas persoas acudiron ao acto de despedida do alcalde do concello de Porto do Son. Apoiándoo, ademáis de un nutrido grupo de veciños e simpatizantes, estiveron presentes responsables comarcais do partido popular, como o alcalde de Lousame, Santiago Freire ou integrantes do comité local de Noia.
Consciente de que a moción de censura presentada polo BNG e o PSOE obrigarao a deixar o seu cargo, Manuel Tomé quíxose despedir agradecendo, dixo, “de corazón” o apoio recibido. O rexedor sonense anunciou que se ten que deixar a alcaldía irase “coa cabeza ben alta”. Insistiu en que durante estes dous anos e medio de lexislatura “traballou a prol dos veciños”.
{flowplayer}barbanza/despedidamanueltome.flv{/flowplayer}
Futuro incerto
No tocante a moción de censura, Manuel Tomé admite que malia atoparse dentro da legalidade, agocha “intereses oscuros”. O alcalde augurou un futuro incerto ao municipio co novo goberno bipartito, xa que non sabe que acontecerá cos proxectos que xa estaban en marcha, entre eles, o futuro polígono industrial. Mostrou o seu pesar de que o novo executivo local retome a política de desbaratamento do anterior goberno, cando, dixo “se gastaba moito máis do que se podía”.
Engadiu, ademáis, que cando chegou a alcaldía, Porto do Son encabezaba “o ranquing de denuncias urbanísticas de Galicia”. Como remate ao seu discurso, interrumpido en varias ocasións polos aprausos de apoio, Manuel Tomé pediu aos veciños que acudisen ao pleno extraordinario do vindeiro mércores, pois, dixo, “está en xogo o futuro de todos os sonenses”.
Pola súa parte, anunciou que tanto el como o seu equipo, tamén dende a oposición, seguirán traballando polos intereses do municipio.
Redacción Barbanza









