A Deputación presenta o seu particular homenaxe a Carvalho Calero polo día das Letra Galegas

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra presentou hoxe a programación cultural con motivo das Letras Galegas 2020. Unha celebración que foi aprazada pola crise da Covid. A institución provincial organizou tres actividades nas que se fará un percorrido pola traxectoria de Carvalho Calero.

A crise da Covid obrigou a aprazar a celebración do día das Letras Galegas. Cinco meses máis tarde, a Deputación de Pontevedra presentou hoxe a programación definitiva. A institución provincial organizou tres actividades nas que se fará un percorrido pola traxectoria de Carvalho Calero, o autor homenaxeado deste ano. A primeira, o concerto de Xardín Desordenado, que se levará a cabo o mércores 21 de outubro ás 20:00 horas no Museo de Pontevedra.

A programación continuará o venres 23 coa presentación do libro “Carvalho Calero sen Fronteiras”. Este evento terá lugar na sede da Deputación en Vigo.

As actividades clausuraranse cun espectáculo a cargo de Elvira Jardón, integrante do colectivo “O fruto e a serpe”. Esta cita terá lugar o venres 30 de outubro no Museo de Pontevedra.

Con motivo da Covid, todos os eventos terán cabida para 30 persoas. Para asistir será obrigatorio solicitar un convite a través do correo vicepresidencia@depo.gal

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí