Manuel Tomé tacha de inoperativa á Concellería de Obras

ppsoncriticasobras_100_15012010.jpgPORTO DE SON> O edil popular critica a xestión que está a realizar a responsable deste departamento, a nacionalista Ánxela Franco.

Manuel Tomé puxo como exemplo os traballos de empedrado da rúa San Xosé de Portosín, que están parados dende hai semanas. As obras deberían estar rematadas, xa que foron subvencionadas a cargo da primeira fase do Fondo Estatal Anticrise.

Tomé di que a actuación non pode seguir adiante namentres non se solucione o conflicto existente entre a promotora dun inmoble e os titulares dun acuífero soterrado que subministra agua a dúas vivendas.

Exemplo de descontrol

Para o edil popular o actual bipartito é incapaz de tomar medidas para buscar unha solución a este problema e, en troques diso, explicou, adícase “a botar lixo” sobre a xestión do anterior goberno popular, culpabílizándoo de “todo o que eles agora non son quen de resolver”.

Ademáis, Tomé Piñeiro fixo duras críticas á xestión que a edil de obras, a nacionalista Ánxela Franco, está a realizar nesta concelleria. Segundo advertiu Manuel Tomé está área da súa competencia é un exemplo de descontrol o que está a derivar en enfrontamentos entre as dúas agrupacións políticas que conforman o goberno de Porto do Son. Pensa que o mellor que pode facer a titular de Obras "e deixar de decir tonterias nos medios de comunicación e poñerse a traballar". Tamén tivo duras palabras para os traballadores deste departamento, aos que acusou de non cumprir os seus horarios e "de estar tomando café e lendo o xornal durante máis de media mañá nos bares do concello".

{flowplayer}barbanza/ppsoncriticasobras.flv{/flowplayer}

Resposta municipal

Pola súa banda, dende o concello, a tenente de alcalde, Ánxela Franco afirmou con rotundidade que no bipartito sonense non existe ningún tipo de conflicto, nen tan sequera un mínimo debate sobre a xestión nas área de competencias designadas.

A edil fixo fincapé en que dende que se incorporou a  concellería de OIbras e Servizos, hai pouco máis dun mes e medio, a meirande parte dos operarios tiveron que coller vacacións atrasadas, xa que anterior executivo non estableceu un calendario laboral, circunstancia que reduciu significativamente o cadro de persoal. Asemade, engadiu "que neste momento bastante se está a facer tendo só unha varrendeira, un fontaneiro e un xardineiro en activo".

Por último, sentenciou Franco, o partido popular debería deixar de eludir as súas responsabilidades e aceptar dun vez, os erros cometidos durante o tempo que gobernou en Porto do Son.

Redacción Barbanza