España arrasa na inauguración do Múndial Júnior de Balonmán

PONTEVEDRA> Pontevedra convértese estes días no centro neurálxico do balonmán. O Pavillón Municipal dos Deportes acolleu onte a inauguración do Mundial Júnior. Unha cita que comezou con vitoria da selección española e que non se quixeron perder nin a presidenta da Deputación nin o alcalde da cidade.

A Selección Española debutou por todo o alto no Mundial Júnior de Balonmán. Rodeados dunha afección que non parou de animar dende o primeiro minuto, o conxunto de Isidoro Martínez impúxose a Estados Unidos cun resultado final de 34-13. O Pavillón Municipal acolleu así o primeiro e único encontro da fase de grupos que o conxunto español disputará en Pontevedra. Un partido ao que non faltou ningunha autoridade. A presidenta da Deputación e o alcalde da cidade quixeron dedicar unhas palabras aos xogadores hispanos.

Tras a vitoria do conxunto español, o Pavillón Municipal acolleu a gran cerimonia de inauguración. Un acto no que a música e o color foron os protagonistas. Por esta pista pasaron as Escolsa de Baile Unidance de Vigo e Galicia en Danza de Baiona. Tamén o grupo de gaiteiros Álvaro e Suso Costas de Mitic a ritmo de Xogo de Tronos. O broche de ouro o puxo a banda galega Broken Peach coa súa canción Fight Together.