ANIVERSARIO AROSA C.F.

O Arousa Club de Futbol  celebrará en Vilagarcía o 26 de novembro o seu 60  naiversario.

Hoxe varios membros da Comisión organizadora dos actos conmemorativos entrevistábanse co

presidente da Deputación de Pontevedra para darlle conta das actividades previstas e convidalo a

participar. Rafael Louzán visitará en breve a zona para coñecer as melloras levadas a cabo no

campo.   

 

 

 

Segundo os organizadores dos actos conmemorativos dos 60 anos de historia do Club de Fútbol Arousa, a Deputación era a última institución pública que quedaba por confirmar o seu apoio, tralo compromiso da Xunta a través da Dirección Xeral para o Deporte e do concello de Vilagarcía.  As tres administracións, municipal, provincial e autonómica, colaborarán nas diversas actividades programadas, entre elas, a presentación dun libro histórico do Club.

 

 

O libro, que será presentado unha semana antes dos actos programados, aportará datos como os mais de 2000 partidos oficiais disputados polo Club e, segundo o creador, miles de veciños se verán tamén reflexados no documento. A festa do 60 aniversario contará ademáis con obras recentemente rematadas que disfrutarán varias xeneracións de xogadores.

 

 

O presidente da Deputación amosou o seu interese pola historia do Club e as melloras realizadas no campo, polo que visitará a zona nos próximos días para coñecer de primeira man as obras.