![]()
VILAGARCÍA> A ela acudirán os humoristas Carlos Blanco, Cándido Pazó e As Cantareiras de Ardebullo.
{flowplayer}images/salnes/gala_nadal_afasal.flv{/flowplayer}
Con este espectáculo espérase recadar o diñeiro suficiente para poder manter as actividades e as instalacións onde se atenden ós enfermos. Unha magnífica actuación solidaria que necesita da colaboración cidadá que permita continuar cunha labor humanitaria de grande envergadura. Unha das grandes estrelas do cartel é o humorista Carlos Blanco, comprometido con esta iniciativa.
Dende o Concello de Vilagarcía, a concelleira de Igualdade e Benestar Social, Ana Lorenzo, afirmou que éste é un acto moi bonito para comezar as festas en Vilagarcía dunha forma solidaria.
Pola súa parte Xosé Castro Ratón, declarou que este é un espectáculo de gran envergadura cultural e sobre todo cunha gran causa xusta que debe mobilizar a toda a cidadanía tanto de Vilagarcía como dos arredores.
A Gala do Nadal celebrarase o día 7 de decembro ás 9 da noite no auditorio de Vilagarcía. O prezo das entradas ronda en os 12 e os 8 euros e están á venta en Costureiro. Ademais, está a disposición unha conta en Caixa Noca para facer unha contribución para a gala.
Redacción Salnés






