CALDAS> O ministro de Fomento, José Blanco, inaugurou esta tarde a reforma da praza das Palmeiras de Caldas e o seu entorno.
{flowplayer}images/salnes/blanco_caldas.flv{/flowplayer}
CALDAS> O ministro de Fomento, José Blanco, inaugurou esta tarde a reforma da praza das Palmeiras de Caldas e o seu entorno.
A actuación foi financiada con cargo ó Fondo Estatal de Investimento Local e tivo un presuposto de 230 mil euros, o maior das dez obras que se executan no concello dentro do Plan E. Segundo indicou Blanco, este fondo destinou a Galicia 500 millóns de euros e permitiu a creación de 42 mil empregos.
Nada máis cortar a cinta, o ministro fixo un percorrido pola zona renovada. Pero amais das autoridades locais, José Blanco tamén tivo a compaña dos membros da plataforma Salva o Tren, que reclaman un tren de cercanías na liña que quedará sen servizo coa entrada en funcionamento do AVE.
O alcalde de Caldas aproveitou esta visita do ministro para falar de varios proxectos, como a variante oeste de Caldas.
Redacción Salnés