O GROVE> Os Beyer Boy’s, a mítica banda do Grove, decidiu volver a xuntarse e recuperar a música que facían entón.
{flowplayer}images/salnes/beyer_boys.flv{/flowplayer}
O GROVE> Os Beyer Boy’s, a mítica banda do Grove, decidiu volver a xuntarse e recuperar a música que facían entón. Poderemos escoitalos o vindeiro mes no concerto darán no pavillón de Monte da Vila. Un reencontro cos seus fans pero tamén entre eles mesmos.
Os Beyer Boy’s comezaron a súa andaina musical aló polo 1967 e un dos puntos álxidos da súa carreira foi cando gañaron no 69 o festival Perla de Arosa, no que gañaron 10 mil pesetas, moito diñeiro para aquela época. Tocaban en vodas e en salas e mesmo actuaron con artistas famosos como Massiel.
O que tocaban entón será o que interpreten neste concerto, que leva por lema, corenta anos nos corazóns. O concerto celebrarase o 19 de decembro, ás sete da tarde. A entrada custará cinco euros e o recadado será distribuído polos servizos sociais do Concello para fins benéficos.
Redacción Salnés