![]()
VILANOVA> Baixo o lema “Traballamos para ti” os comerciantes colócanse diante da cámara para promocionar a venda nas prazas da zona.
{flowplayer}images/salnes/CASTING_PRAZA_VILANOVA.flv{/flowplayer}
As asociacións de vendedores das prazas de abastos de O Salnés, Barbanza e O Morrazo farán esta Navidade unha campaña publicitaria para recuperar ós clientes atraídos polos supermercados. O principal obxectivo é recuperar ós máis xoves, reacios a comprar onde sempre o fixeron a súas nais e aboas.
Hoxe tocoulle ó turno ós veciños de Vilanova. A través do casting, búscanse pescantinas, carniceiros e froiteiros que mostrarán, ós potenciais clientes, que están para aconsellar, venderlles calidade e, se queren, explicarlles cómo cociñar o que se leven.
As probas comezaron con moitos nervios, retoques de última hora de peiteado e maquillaxe e, sobre todo, o mellor dos sorrisos para seducir á cámara.
O procedemento é simple: gravar a cada un dos inscritos no seu propio posto de venta, deixándolle liberdade para que digan o que crean oportuno.
Os promotores desta iniciativa buscan focalizar os tres rostros que protagonizarán a campaña da confianza, a experiencia e a capacidade de asesoramento dos profesionais do mercado.
Redacción Salnés








