O TSXG avala a legalidade da urbanización Virxe da Guadalupe

    sentenciaurbanizacionmahia_100_18112009.jpgRIANXO>TSXG desestimou o recurso contra o estudo de detalle e a concesión de licenzas na urbanización Virxe da Guadalupe.

    {flowplayer}barbanza/sentenciaurbanizacionmahia.flv{/flowplayer}

    O alcalde de Rianxo apenas podía ocultar a emoción na comparecencia convocada para dar a coñecer a sentenza que vén de emitir a sala do contencioso administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Nela desestímase o recurso que presentara a principios do 2007 o letrado Francisco Javier Jiménez de Cisneros en contra do estudo de detalle, o convenio e a concesión de licenzas na urbanización Virxe da Guadalupe.

    Mediante este convenio, a empresa Mahía 2 que construiu tres bloques de edificios nun chan catalogado como urbano consolidado, cedeu espazo para a construción dun aparcamento soterrado, unha praza pública e o edificio do novo mercado. A resolución xudicial vén dar a razón ó concello que no seu día autorizou esta operación, mediante un acordo plenario apoiado por toda a corporación e baseado nos informes técnicos favorables. Por este motivo, o alcalde non entende as críticas vertidas polo PP e o BNG ó longo destes dous anos, cando eles mesmos apoiaron o convenio.

    Agradecementos

    Pero ademais dos reproches á oposición, houbo tamén verbas de agradecemento para todos aqueles que estiveron ó seu lado nos momentos máis duros nos que se puxo en dúbida a honradez do alcalde, o goberno e mesmo a equipa técnica. Visiblemente emocionado, Pedro Piñeiro quixo agradecer especialmente ó pobo de Rianxo o seu apoio.

    O feito de que o recurso partira dunha persoa de Madrid, non vinculada a Rianxo, fai sospeitar ó executivo que detrás desta acción había intereses doutros grupos que pretendían influír no resultado das pasadas eleccións municipais. Non foi así, posto que a lista encabezada por Piñeiro revalidou a maioría absoluta; pero a presentación do recurso creou importantes prexuízos persoais ó alcalde e tamén á empresa e sementou a dúbida sobre apolítica urbanística en Rianxo

    Agora a xustiza avala que a urbanización Virxe da Guadalupe se axusta a dereito e cumpre coa legalidade urbanística. Se ben contra a sentenza cabe recurso de casación, dende o gabinete xurídico do concello consideran improbable que chegara a admitirse a trámite posto que non reuniría os requsitios en materia de xurisdicción contenciosa.

    Redacción Barbanza