Unha campaña de recollida de material marítimo para o CIPES

    cipes_ok.jpgO GROVE> O concelleiro de Cultura de O Grove, Antón Mascato, presentou onte o informe das obras de ampliación do espazo didáctico do Cipes.

     {flowplayer}images/salnes/ANTON_MASCATO.flv{/flowplayer}

    Dende a concellería de cultura espérase que as obras de ampliación do Cipes rematen a principios do 2010. Coa ampliación deste espazo didáctico sobre o patrimonio marítimo grovense, a localidade contará cunha importante infraestrutura cultural.

    Antón Mascato afirmou que se está levando a cabo unha campaña de recollida de material. Decenas de persoas achegáronse ó concello para doar, entre outras cousas, documentación marítima, boas, ferramentas, fotos e pezas de barcos. Do mesmo xeito, realizáronse cesións importantes da antiga fábrica de Escuredo.

    En canto á Biblioteca de Xoán González Millán, o edil de cultura explicou que estase a habilitar unha sala na Casa da Cultura. Da mesma forma agradeceu á familia do escritor a cesión de 8.000 títulos. Dende Nova York espérase a chegada de obras de Millán escritas durante a súa

     estancia en terras estadounidenses. Está previsto que a biblioteca abra ó público no segundo trimestre do ano que ven.

    Redacción Salnés