PORTO DO SON> Acompañada da presidenta de Portos de Galicia, a Conselleira do Mar reuniuse con representantes da confraría de Portosín, do club náutico da localidade e do concello de Porto do Son para presentarlles o proxecto de mellora do abrigo da dársena de Portosín.
Suporá un investimento de dous millóns de euros para a execución do dique flotante e a instalación de novos pantaláns que crearán 17 prazas de amarre para barcos do cerco nas inmediacións da nave das redeiras.
Os traballos levan aparellada a execución dunha dragaxe nas inmediacións do dique flotante para habilitar unha canle de entrada ó peirao.