Goteo de clientes na reapertura do pequeno comercio

BOIRO> Tras practicamente dous meses pechado, o pequeno comercio volvía levantar a reixa esta mañá con gran optimismo. Facíao coas máximas medidas de seguridade e tan só ó trinta por cento do aforo. Desprazámonos ata a Platería Arandelas de Boiro onde  o goteo de clientes foi constante durante toda a xornada.

Había ganas de volver. Non só por parte dos comerciantes senón tamén dos clientes. A propietaria da platería Arandelas, en Boiro, amosábase sorprendida da boa acollida que está a ter a reapertura do negocio tras practicamente dous meses pechado.

Para garantir a máxima seguridade ós seus clientes, nesta platería, ó igual que na maior parte de clientes, dispoñen de guantes e xel desinfectante.

Ademais das precaucións que toma a propietaria, cabe destacar a prudencia dos propios compradores que manteñen as distancia de seguridade e as normas de limitación de aforo.

A pesar de que as impresións nesta primeira xornada foron ben positivas, Verónica Pérez mira cara o futuro con cautela e incertidume. De momento, a única certeza é que a volta á normalidade tardará aínda en chegar.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí